top of page

Librería Carballido, contigo dende 1990...

Un repaso pola historia de Librería Carballido.

Os comezos...

​​
Librería Carballido abría as súas portas en setembro de 1990 converténdose nun importante referente no barrio coruñés dos Castros no que á venda de libros se refire, pois non existían nesta zona negocios similares que aportaran un importante surtido de libros de todos os eidos, estilos e materias, así como a venda de artigos de regalo e papelería, como sí o fai Librería Carballido.

Compromiso coa Cultura...

​​
Dende o primeiro día, Librería Carballido vai consolidando o seu compromiso coa difusión de cultura a través dos libros, 

incrementando pouco a pouco o seu fondo editorial no que se poden atopar, dende as novidades máis destacadas ata novas temáticas e estilos literarios moi diversos.

Moito máis que libros...

​​
Ademáis Librería Carballido dispón dun grande surtido de artigos de regalo, para para agasallar a nenos e adultos.

Tamén pódense mercar artigos de papelería e prensa, xornais e revistas, produtos que achegan un pouco máis aos clientes do día a día.

Saímos cos libros á rúa...

 

​​Librería Carballido tamén ofrece os seus productos naqueles acontecementos importantes para o mundo do libro como é o caso da Feira do Libro da Coruña, unha das máis activas e importantes das que se celebran en Galicia.

Librería Carballido 2.0...

​​
Conscientes da importancia que xogan as novas tecnoloxías na sociedade actual, Librería Carballido tamén está presente en internet, tanto en redes sociais como coa propia páxina web, que foi evolucionando ao longo de todo este tempo para adaptarse aos novos tempos ata constituirse nunha verdadeira tenda online na rede.

bottom of page