Libraría Carballido
A libraría do barrio dos Castros
Retrincos...
Aquí recollemos a modo de anacos ou retrincos, citas, frases célebres, poemas, relatos e moito máis.
Manuel María
1929 - 2004
"Galicia somos nós:
a xente e mais a fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
Eduardo Pondal
1835 - 1917
"... Carballos de Carballido
cando era rapaz deixeivos ..."
Heinrich Heine
1797 - 1856
"Ahí onde hoxe se queiman libros,
mañá queimaranse persoas"
Edmund Burke
1729 - 1797
"O único necesario para que o mal triunfe é que os homes bos non fagan nada"
Felix Dahn
1834 - 1912
"Escribir un libro é doado,
pois tan só fai falla pluma, tinta e papel;
que con paciencia soporta calquera abuso.
Imprimir un libro xa é máis complexo,
porque o xenio adoita expresarse
con caligrafía ilexible.
Ler un libro é aínda máis difícil
por causa da ameaza de sono.
Pero vender un libro
é a tarefa máis ardua e complexa
á cal un ser humano poida adicarse."
As librarías de barrio
Aquí reproducimos un bonito artigo de Miguel Anxo Fernán Vello que foi publicado o 31 de decembro de 2010, no xornal Galicia Hoxe, adicado con especial agarimo á Librería Carballido, coincidindo co seu 20º aniversario. Nel se incide na importancia das pequenas librerías e líbrerías de barrio.
Preme AQUÍ para ler o artigo na web do Galicia Hoxe